Bono Coidado: axudas económicas ás familias para a atención a domicilio de nenas e nenos menores de doce anos.

O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe 10 de novembro, a Orde do 31 de outubro de 2017 pola que se establecen as axudas económicas ás familias para a atención a domicilio de nenas e nenos menores de doce anos a través do programa Bono coidado.

Esta orde ten por obxeto establecer as bases reguladoras polas cales se rexerá a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, ás familias con nenos e nenas menores de doce anos que teñan a súa residencia en Galicia e precisen dun recurso personalizado a domicilio para cubrir as necesidades puntuais derivadas da conciliación das obrigas laboráis e persoais e as responsabilidades familiares que se produzcan entre o 1 de outubro de 2017 e o 30 de setembro de 2018.

Persoas beneficiarias

Pais, nais, titores/as, ou as personas que teñan en situación de acollemento familiar ou garda preadoptiva nenos/as menores de doce anos residentes en Galicia que se atopen nos seguintes supostos:

  • Ter un neno ou nena nacido/a con posterioridade ao 31 de decembro de 2005 respecto da anualidade de 2017 e con posterioridade ao 31 de decembro de 2006 respecto a anuliadade de 2018.
  • Que a renda da unidade familiar, entendida como a suma da base impoñible do aforro, non supere os 45.000 euros ou os 13.500 euros per cápita. Para estes efectos, teráse en conta a declaración do IRPF do ano 2015 respecto da anulidade 2017 e do ano 2016 respecto da anualidade 2018

Tipo de axuda.

A axuda consistirá nunha achega para contribuír ao pagamento do importe de servizos de atención á infancia a domicilio, nos seguintes supostos convenientemente acreditados:

  • Enfermidade do/da menor e imposibilidade de ser coidado/a polos membros da unidade familiar.
  • Enfermidade da persona coidadora habitual.
  • Asistencia da persoa coidadora habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación.
  • Situacións puntuais de carácter laboral ou de coidado, tanto do cónxuxe ou parela como de familiares ata o segundo grao de parentesco por consaguinidade ou afinidade, que impidan a atención do/a neno/a polos membros da unidade familiar.

Con carácter xeral, concederase un máximo de 80 horas por familia para a totalidade do período subvencionado (un máximo de 20 horas corresponderán á anualidade de 2017 e de 60 horas á anualidade de 2018). O número total de horas concedido incrementarase un 15% por cada fillo/a menor de doce anos a partir do primeiro.

Contía

  • Renta per cápita familiar ata 3.750 euros: 14 euros/hora
  • Renta per cápita familiar superior a 3.750 euros e ata 7.500 euros: 11 euros/hora.
  • Renta per cápita superior a 7.500 euros e ata 10.000 euros: 9 euros/hora
  • Renta per cápita familiar superior a 10.000 euros e ata 13.500 euros ou superior, co máximo de 45.000 euros: 7 euros/hora.

A percepción destas axudas é compatible con outras subvencions, axudas e ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou ente público ou privado. De se percibiren outras axudas, deberase acreditar documentalmente a súa natureza e contía, así como calquera outra circunstancia que poida afectar sustancialmente á execución das actuacións.

En ningún caso o importe das axudas concedidas poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas, supere o custo do servicio recibido.

Solicitudes

Según o modelo oficial dirixido á xefatura territorial da Consellería de Política Social da provincia onde teñan o seu domicilio. Os impresos da solicitude (BS412A) estarán dispoñibles nos enderezos electrónicos https://sede.xunta.gal e http://politicasocial.xunta.gal

Xunto coa solicitude deberá aportarse:

  • Anexo II, relativo á comprobación de datos da persoa cónxuxe ou parella, de ser o caso.
  • Certificado de empadroamento das persoas menores que non disporan de D.N.I
  • Copia do libro de familia ou, na súa falta, dun documento que acredite oficialmente a situación familiar.
  • Copia da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción ou garda con fins adoptivos, de ser o caso, cando se trate de adopcións formalizadas por outra comunidade autónoma.
  • Copia da resolución xudicial ou administrativa que declare a situación de tutela, de ser o caso, só cando se trate de tutelas formalizadas por outras comunidades autónomas.
  • Copia da resolución administrativa de acollemento familiar, de ser o caso, cando se trate de acollementos formalizados por outra comunidade autónoma.
  • Certificado de convivencia ou sentenza de separación ou divorcio, convenio regulador ou resolución de medidas paternofiliais, nos casos de familias formadas por unha soa persona proxenitora como consecuencia de separación legal, divorcio ou outras situacións análogas.

Lugar e prazo de presentación das solicitudes.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través da formulario normalizado disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, as personas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As solicitudes de axuda poderanse presentar desde o 11 de novembro ata o 30 de abril de 2018.


Información adicional

  • ORDE do 31 de outubro de 2017 pola que se establecen as axudas económicas ás familias para a atención a domicilio de nenas e nenos menores de doce anos a través do programa Bono coidado e se procede á súa convocatoria.

Compartir:

Más noticias

Mensaje enviado correctamente

Nos pondremos en contacto contigo lo antes posible.

Recibe un cordial saludo del equipo de ACLUNIA ASESORES.